martes, 8 de enero de 2019

MURAL SOBRE ARQUÍMIDES - PROXECTO "EUREKA"

   Tras a lectura dun libro da bilioteca sobre Arquímides, unha alumna de 5º curso, Iria, elaborou un resumo dos feitos máis salientables sobre a vida e o descubrimento do principio deste grande matemático e inventor. A partires dese resumo elaborouse un mural.

lunes, 20 de marzo de 2017

ACTIVIDADES SOBRE A REVISTA PAPAGAIO


Papagaio from Fiz

REVISTA PAPAGAIO

   A biblioteca está subscrita á revista Papagaio. Preparamos unha serie de preguntas cuxas respostas se atopaban nos primeiros 5 números da mesma. por equipos, o alumnado tiña que atopar información nas mesmas.

martes, 14 de marzo de 2017

CHARLA "PEIXES E MARISCOS DA RÍA"

     O mestre do noso centro Paco, deu charlas ao alumnado por ciclos, onde explicaba que peixes e mariscos eran típicos de Galicia, artes de pesca tradicionais e receitas típicas para cociñar os mesmos. Acompañou a charla dunha presentación e de materiais para a captura dos mesmos. A charla resultou sumamente interesante. GRAZAS, PACO!!!

sábado, 4 de marzo de 2017

KARAOKE "AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES"

     Elaboramos estoutro "karaoke" doutra canción de Amancio Prada con letra de Rosalía de Castro.

KARAOKE "ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES"

   Para celebrar o Día de Rosalía elaborouse este karaoke.

martes, 28 de febrero de 2017

ACTIVIDADE PROPOSTA POLA AELG

   O alumnado do centro que quixo sacou unha foto cunha careta de Rosalía, cun familiar maior e cun poema da escritora. Con esas fotos elaboramos esta presentación.