A Coordinadora de ENDL do Barbanza, confeccionou este adhesivo que foi repartido entre o alumnado do noso centro. Tamén se colleron calendarios tamaño DIN A-3 para as aulas.
Amosando publicacións coa etiqueta NADAL b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NADAL b>. Amosar todas as publicacións
5.2.17
29.12.16
VISITA AO CENTRO DE MAIORES
Coma noutros anos, alumnado de 5º e dúas alumnas de 6º nivel foron cantarlle panxoliñas ao Centro da Terceira Idade de Pobra. Este curso tamén estaban os usuarios do centro de día. Ofreceron un concerto de 6 obras, a maior parte delas panxoliñas, tras ensaiar coa profesora de música, Mari.
Tamén levaron postais confeccionadas por gran parte do alumnado do centro para os maiores. Foi unha xornada moi emotiva.
3.1.16
ÁRBORE DE APALPADORES
Na entrada do centro colocamos unha árbore feita con cartóns
de leite baleiros. Cada cartón tiña a foto dun dos alumnos/as do centro,
caracterizados como “apalpadores”.
18.12.15
POSTAIS AOS MAIROES
O alumnado do centro, un ano máis, ven de elaborar postais para enviárllelas por correo aos anciás da Residencia de Maiores de A Pobra do Caramiñal. Aquí podedes ver o modelo de postal que confeccionou o alumnado de sexto con recortes en gomaeva.
É esta unha actividade que o alumnado realiza poñendo todo o seu agarimo. Bo Nadal a todas e todos!
11.1.15
FABRICANDO CHOCOLATE
O alumnado de 3º e 4º elaborou turrón de chocolate, coas fotos da actividade elaboraron este vídeo.
9.1.14
PANXOLIÑAS NO CENTRO DA 3ª IDADE
O alumnado do 1º ciclo, ensaiado pola mestra de música do centro, acudiu ao centro da 3ª idade de Pobra a cantar unhas fermosas panxoliñas. O alumnado ía caracterizado cunhas fermosas "caretas" do Apalpador. Aquí podedes ver unhas imaxes do emotivo acto.
23.12.13
PREMIOS Á DECORACIÓN DE NADAL
O alumnado do centro elaborou nas casas adornos de Nadal. Un xurado formado por dous membros do profesorado e un membro da ANPA elixiron os mellores de cada curso. Estes recibiron uns agasallos.
15.12.13
CARTA AO APALPADOR
Este curso elaboramos unha carta para que o noso alumnado lle escriba a súa carta ao Apalpador.
21.12.12
28.4.11
TREBELLO SOBRE O APALPADOR
Esquecera subir o trebello con información sobre O Apalpador. Repartiuse entre o alumnado antes da visita deste personaxe ao noso centro. Rapazas e rapaces xogaron á vez que recibían información.
Máis vale tarde que nunca!
20.1.11
VISITA Á RESIDENCIA DE MAIORES
Como en anos pasados, o alumnado do centro acudíu en vésperas das festas de Nadal á Residencia de Maiores a cantar panxoliñas. Este ano o alumnado encargado da actuación foi o alumnado de 5º. Cantaron 4 panxoliñas (acompañados con pandeiretas) e unha canción galega. De dúas das cancións proxectouse unha versión en karaoke. Nenas e nenos quedaron moi contentos. Trala actuación tomaron algo de comer e beber. Dende aquí queremos dar as grazas aos maiores e persoal da residencia. Ata o ano!

23.12.10
ADHESIVOS
ACTIVIDADE LIM
O alumnado informouse sobre quen era o Apalpador e os seus costumes. Despois realizou unha actividade LIM nos ordenadores e na Pizarra Dixital.
Pulsa na imaxe para realizares a actividade.
CARTA AO APALPADOR
O alumnado do centro escribiu a súa carta ao Apalpador, seguindo o modelo que aparecía nunha web.

18.11.10
O APALPADOR
Un vídeo dunha muller (Fina de Ferramulín) que recorda como cando era nena a visitaba O Apalpador polo Nadal.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










