O venres 22 de febreiro o alumnado de 5º traballou a vida e obra de Rosalía. Vimos unha prezi e un videoscribe sobre a vida e obra da autora. Despois elaboramos uns marcadores con versos da autora. Velaquí os podedes ver.
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DE ROSALÍA b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DE ROSALÍA b>. Amosar todas as publicacións
25.2.19
4.3.17
KARAOKE "AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES"
Elaboramos estoutro "karaoke" doutra canción de Amancio Prada con letra de Rosalía de Castro.
28.2.17
ACTIVIDADE PROPOSTA POLA AELG
O alumnado do centro que quixo sacou unha foto cunha careta de Rosalía, cun familiar maior e cun poema da escritora. Con esas fotos elaboramos esta presentación.
CANTANDO E RAPEANDO "NEGRA SOMBRA"
O alumnado de 5º e 6º cantou Negra sombra, na praza de Rosalía de Castro de A Pobra do Caramiñal. A segunda parte da mesma foi con ritmo de rap. #RosalíaTe
26.2.16
POSTAIS DE ROSALÍA DE CASTRO
Dentro das actividades relacionadas co Día de Rosalía, realizamos postais. Aquí podedes ver algunhas das feitas polo alumnado de sexto.
23.2.16
DÍA DE ROSALÍA
Sumámonos á actividade proposta pola AELG de facer unha postal e enviar ás casas do noso alumnado. Ademais, o alumnado de 6º nivel intercambiará postais co alumnado do mesmo nivel do CEIP Cespón (Boiro).
3.1.16
23.3.15
DÍA DE ROSALÍA
Para o Día de Rosalía sumámonos á proposta da AELG, que propoñían dicir Eu son Rosalía cando, porque ou para... Elaboramos un recortable onde o alumnado, tras ler poemas da nosa musa, debía dicir cando, porque ou para que poderían eles ou elas ser Rosalía. Na parte de atrás estaba unha pequena biografía e bibliografía da autora. Aquí se pode ver o resultado.
1.3.14
ROSÁLÍA, DO A AO Z
O alumnado do centro, inspirándose en poemas de Rosalía (referidos a palabras que comezaban polas distintas letras do abecedario) realizou uns fermosos poemas, que plasmaron nun libro. Aquí o podedes ver.
16.2.14
PRESENTACIÓN DÍA DE ROSALÍA
Desde o EDL elaboramos unha presentación co VideoScribe coa vida e obra de Rosalía de Castro.
20.2.13
RECITADO COLECTIVO
Polo Día de Rosalía deste 2013, participamos nunha actividade colectiva de recitado dun poema do libro Cantares Gallegos, proposta pola AELG. Aquí o resultado.
19.2.13
TRÍPTICO PARA O DÍA DE ROSALÍA
O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Desde o centro elaboramos este tríptico a tamaño medio DIN A4 para repartir entre as familias.
18.2.13
DÍA DE ROSALÍA
O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Nós elaboramos unha presentación prezi cunha sinxela información.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



