Amosando publicacións coa etiqueta ANTROIDO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANTROIDO. Amosar todas as publicacións

10.2.16

DEGUSTACIÓN DE SOBREMESAS

     Grazas á colaboración das nais e pais do alumnado puidemos gozar dunhas saborosas sobremesas. Non faltaba de nada: filloas, orellas, flores de entroido,...

XOGOS DO ENTROIDO

O alumnado participou en diversos xogos durante a celebración do entroido, organizados polo mestre de Ed. Física.


9.2.16

AMASANDO NO ENTROIDO

O alumnado do centro exerceu de cociñeiro durante o entroido. Tivo que facer a masa dunha das sobremesas típicas destas datas: orellas. Seguindo unha receita tradicional, fixeron a masa das orellas, que despois levaron para as súas casas.


23.3.15

ENTERRO DO FELIPIÑO

Como de costume, á volta do antroido procedemos á queima do "nos Felipiño". Acompañámolo na súa derradeira viaxe. Trala lectura do seu testamento por parte de dous alumnos/as do terceiro ciclo. procédese á súa incineración.


24.2.15

MURAL DE ANTROIDO

Na entrada do centro colocouse un mural con caretas animando ao alumnado a disfrazarse.

CONSIGNAS DO "FELIPIÑO"

   A entrada do colexio estaba presidida polo "Felipiño" que nos ordeaba traer diferentes cousas cada día.