Amosando publicacións coa etiqueta SEMANA CULTURAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SEMANA CULTURAL. Amosar todas as publicacións

18.5.14

ENCONTRO CO AUTOR... LIBRO DE VISITAS

Jacobo deixou unha ilustración e unha adicatoria no libro de visitas. Aquí o podedes ver coa ilustración.

ENCCONTRO CO AUTOR... O ANDEL

Como é costume con cada autor/a que nos visita, poñémoslle o seu nome a un andel da nosa biblioteca. Aquí vedes a Jacobo Fdez: Serrano descubrindo o letreiro co seu andel.

7.6.13

OBRADOIRO DE COLARES (VIII SEMAN CULTURAL)

O alumnado do centro participou nun obradoiro de colares. Aquí podedes ver ao alumnado durante a súa elaboración.


NÓS MARIÑEIROS (VIII SEMANA CULTURAL)

A totalidade do alumnado do centro participou nun obradoiro de nós mariñeiros, con grande pracer.

GALEOKE (VIII SEMANA CULTURAL)

A totalidade do alumnado do centro realizou un obradoiro de canción en "karaoke". Coa música do "galeoke", nenas e nenos disfrutaron dunha sesión divertida.
 



PASTA DE SAL (VIII SEMANA CULTURAL)

O alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de pasta de sal.


8.6.12

OBRADOIRO DE TEATRO

Alumnado de 3º e 4º levou a cabo un obradoiro de teatro. Pasárono en grande cos distintos xogos teatrais realizados.


OBRADOIRO DE GALLETAS

O alumnado de 4º e 5º elaborou unhas sabrosas galletas con formas de animais mariños. Posteriormente foron degustadas por todo o alumnado do centro.


7.6.12

OBRADOIRO DE BROCHES

Dentro da Semana Cultural levouse a cabo un obradoiro de broches. Aquí podedes ver ao alumnado traballando e o resultado final.

6.6.12

OBRADOIRO "FLASH MOB"

O alumnado do centro participou nun obradoiro de "flash mob" por aulas. Bailaron ao son dunha coñecida canción infantil.


31.5.11

ANDADA 2011

Unha das actividades que máis aceptación ten entre o alumnado, é a tradicional andada. O pasado martes 24 de maio saímos todo o colexio a percorrer os arredores do centro. 1º, 2º e 3º fan un traxecto curto (5 km) e os maiores sobre 14 km. Este ano saímos do centro e chegamos á praia de Lombiña (tras pasar por Palmeira). Despois de comer, algúns xogos, uns xeados para repoñer forzas e... de volta ao centro. Agotador si, pero moi pracenteiro!


OBRADOIRO DE TAUMATROPOS

Dentro da semana cultural, o alumnado de 1º realizou uns fermosos taumatropos con cartolina e fío de la. Despois practicaron facéndoos xirar. Unha fermosa ilusión óptica a resultante.


22.5.11

AROUSA SUBMARINA

O alumnado do 3º ciclo asistiu a unhas charlas sobre o mar na nosa ría: animais, artes de pesca, deportes... As charlas dos monitores deixaron impresionados a nenas e nenos.

20.5.11

MURAL DE LOIS PEREIRO

Seguindo coa tradición, no exterior do centro pintouse un mural (GRAZAS, JOSÉ) coa caricatura de Lois Pereiro, datas de nacemento e morte, nome e un pequeno texto del. O venres, 13 de maio, na última sesión, procedemos á inauguración do mesmo. Diante del, alumnado dos distintos niveis leu poemas galegos (algúns do autor homenaxeado)


OBRADOIRO DE FLORES

Con oveiras de cartón, paus e plastilina, o alumnado de 6º realizou unhas fermosas flores. Cada nena/o realizou o seu propio floreiro.

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA: RAS

Alumnado de 5º elaborou unhas ras saltarinas mediante a técnica da papiroflexia. Foi divertido facelas... e xogar con elas!

OBRADOIRO DE SOBREMESAS

O alumnado do centro fixo de cociñeiros/as por un día. Nenas e nenos do 1º ciclo fixeron unha torta de galletas; os do 2º ciclo amasaron e cociñaron galletas; os maiores elaboraron un tiramisú. Estas sobremesas foron degustadas posteriormente por todo o alumnado.

OBRADOIRO DE PULSEIRAS

A partires de chapas de latas de bebidas e cinta, o alumnado do centro ralizou unhas fermosas pulseiras.

19.5.11

OBRADOIRO DE PINZAS

Con pinzas de madeira, pintadas e decoradas, xunto con algún complemento máis, todo o alumnado do centro elaborou unhas simpáticas bolboretas. Aquí podedes ver o resultado.

3.5.11

VI SEMANA CULTURAL

Outro maio máis, chega a Semana Cultural de Cadreche. Obradoiros de teatro, manualidades, contacontos, visitas culturais, encontro con autores, andada, gastronomía,... Un momento agardado polo alumnado do centro (do 2 ao 13 de maio)