Amosando publicacións coa etiqueta CELSO EMILIO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CELSO EMILIO. Amosar todas as publicacións

14.12.12

ACTIVIDADE RECITANDO A CELSO EMILIO

O 12-12-12, ás 12 horas, levamos a cabo o recitado proposto pola Coordinadora Galega de ENDL. A totalidade do alumnado do centro participou na actividade. Pasouse unha presentación prezi elaborada polo ENDL do noso centro conxuntamente co de Cespón, e dous karaokes de cancións con letra de Celso Emilio: Irmaus (Fuxan os Ventos) e Deitado frente ao mar (DKTC). Recitáronse poemas do autor, incluído Deitados frente ao mar.

RECITANDO A CELSO EMILIO: MURAIS

Fixemos dous murais para o recitado conxunto de poemas de Celso Emilio, proposto pola Coordinadora Galega de ENDL.

9.12.12

PRESENTACIÓN CELSO EMILIO FERREIRO

O ENDL de Cadreche, en colaboración co ENDL de Cespón vén de realizar unha presentación Prezi sobre Celso Emilio Ferreiro.

RECITANDO CELSO EMILIO

Para a actividade proposta pola Coordinadora Galega de ENDL, de recitar o poema Deitado frente ao mar, de Celso Emilio Ferreiro, fixemos dous karaokes.

26.11.12

KARAOKE "IRMAUS"

Karaoke para traballar a actividade Recitando a Celso Emilio, da CGENDL.