O 12-12-12, ás 12 horas, levamos a cabo o recitado proposto pola Coordinadora Galega de ENDL. A totalidade do alumnado do centro participou na actividade. Pasouse unha presentación prezi elaborada polo ENDL do noso centro conxuntamente co de Cespón, e dous karaokes de cancións con letra de Celso Emilio: Irmaus (Fuxan os Ventos) e Deitado frente ao mar (DKTC). Recitáronse poemas do autor, incluído Deitados frente ao mar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario