O alumnado de 5º nivel sacou fotos para elaborar un karaoke coa canción de Luis Emilio Batallán musicando o fermoso poema de Álvaro Cunqueiro. Aquí podedes ver o resultado.
Amosando publicacións coa etiqueta CANDELORIA b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CANDELORIA b>. Amosar todas as publicacións
27.1.19
12.2.16
MURAL INTERACTIVO DA CANDELORIA
O alumnado traballou os poemas sobre aves de Manuel María no mural interactivo que se instalou nun dos corredores do centro. Aquí vemos a parte do alumnado traballando.
9.2.16
KARAOKE "O CUCO"
O alumnado do centro, nunha sesión conxunta na Biblioteca do centro, cantou a canción "O cuco", coa letra de Manuel María e a música de Suso Vaamonde, nun karaoke feito polo noso centro fai algúns anos.
ÁRBORE DA CANDELORIA
Na entrada do centro colocamos unha árbore feita de pólas secas. Nela puxéronse, plastificados, poemas de Manuel María sobre paxaros e unha foto súa, para que o alumnado poida ir identificando algúns dos paxaros máis comúns da nosa terra.
MURAL INTERACTIVO DA CANDELORIA
Elaborouse un dobre mural con poemas de Manuel María dedicados a aves. Nun deles estaban os poemas de Manuel María cunha foto das aves da que tratan. No outro están dous versos de cada un dos anteriores poemas. O alumnado debía ir lendo os poemas e, con velcro, pegar os nomes dos paxaros debaixo dos dous versos do seu poema.
1.2.16
ACTIVIDADES PARA O DÍA DA CANDELORIA
Estas son as actividades para a celebración do Día da Candeloria. Cantamos o karaoke que temos feito sobre o poema de Manuel María musicado por Suso Vaamonde, O cuco. Repartirase ao alumnado do centro para que leven ás súas casas unha folla con información, e o alumnado realizará as actividades que figuran a continuación:
11.2.11
DÍA DA CANDELORIA
Se a Candeloria chove, medio inverno vai fóra;
que chore, que deixe de chorar, medio inverno está por pasar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




