Amosando publicacións coa etiqueta CERTAME LITERARIO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CERTAME LITERARIO. Amosar todas as publicacións

6.6.16

ENTREGA PREMIOS CERTAME LITERARIO

Celebramos a entrega de Premios do Certame Literario "Esther Dourado" o pasado 25 de maio, pola tarde. Aquí podedes ver imaxes. Noraboa aos premiados e premiadas e GRAZAS ás irmás da nosa compañeira Esther.


7.3.16

V CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"

     Desde o EDL do noso centro convocamos o V Certame Literario "Esther Dourado". Pode participar alumnado de infantil e primaria do concello, así como exalumnado do noso centro que estude ESO. Os traballos deberán presentarse no centro antes do 22 de abril deste ano.  BASES


14.6.15

ENTREGA PREMIOS "IV CERTAME LITERARIO ESTHER DOURADO"

   Celebramos a entrega de premios aos traballos gañadores nas distintas modalidades. Aquí podedes ver escenas da entrega, á que acudiron, como en anos anteriores, a nai e as irmás da nosa compañeira e amiga Esther. GRAZAS!

5.3.15

IV CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"

Convocamos un ano máis, e xa van catro, o certame literario "Esther Dourado". Convocado para alumnado de infantil e primaria do concello de A Pobra do Caramiñal, así como para exalumnado do noxo centro que estea a cursar ESO.
Para coñecer as bases do concurso, PULSA AQUÍ.


17.6.14

ENTREGA DE PREMIOS III CERTAME LITERARIO

     O pasado 28 de maio, pola tarde, fixemos a entrega dos premios correspondentes ao III Certame Literario Esther Dourado. Tras una lectura de poemas por parte dalgún alumnado de 6º nivel, procedeuse á entrega dos premios. Á mesma asitiron a nai e irmás de Esther, así como un cuñado. Entregáronse os premios, comezando polos máis pequenos. O alumnado premiado tivo que ler un fragmento dos traballos galardoados.

14.3.14

III CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"

     Outro ano máis, e xa van 3, convocamos o Certame Literario "Esther Dourado" na honra desta querida compañeira nosa. Como novidade deste curso, a apertura tamén ao exalumnado do noso centro. O prazo de presentación remata o 25 de abril.
     Agardando contar coa maior participación posible, deixamos aquí as bases.

16.5.13

ADHESIVO II CERTAME LITERARIO ESTHER DOURADO

Confeccionamos un adhesivo do certame literio. Repartiuse entre todo o alumnado do centro e aos demais centros que participaron no concurso.
 

4.4.13

II CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"

Por segundo ano convocamos o certame literario "Esther Dourado", para estudantes de infantil, primaria e secundaria obrigatoria do Concello de A Pobra.  BASES DO CERTAME

25.5.12

ENTREGA DE PREMIOS

O pasado mércores tivo lugar no centro a entrega de premios do I Certame Literario "Esther Dourado". Destacar a gran cantidade de traballos presentados (máis de 200) e a calidade dos mesmos. Ao acto de entrega acudiron os pais e as irmás de Esther Dourado, feito este digno de agradecer. O alumnado premiado recibiu os vales de compra en librerías e tendas de deporte do concello.


20.5.12

I CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"

Desde o centro queremos rendir unha homenaxe a unha profesora que adicou máis de 20 anos a formar a distintas xeracións de alumnos/as deste centro. Convocamos un certame literario para alumnado de infntil (debuxo) e narrativa (primaria e secundaria obrigatoria). BASES