Amosando publicacións coa etiqueta SAMAÍN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SAMAÍN. Amosar todas as publicacións

4.11.16

CABAZAS DECORADAS

O alumnado do centro decorou cabazas nas súas casas, axudados polos pais/nais. Estas foron expostas no corredor do centro.


DECORACIÓN NO SAMAÍN

O EDL, xunto co Equipo de Actividades Extraescolares decoraron a entrada do centro, as escaleiras e outras partes do centro. Aquí podedes ver o resultado.


4.12.15

PRESENTACIÓN DUN LIBRO

   Coincidindo coa celebración no centro do Samaín, a Biblioteca e o EDL promocionaron o libro que recibiu este ano o Premio nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, da autora galega Ledicia Costas. "Escarlatina, a cociñeira defunta" é unha estupenda obra, moi simàtica e amena de ler. Alumnado de 6º xa foi na procura dalgún dos exemplares dos que dispón a biblioteca para poder lelo. Que aproveite!

PRESENTACIÓN AO ALUMNADO

PRESENTACIÓN DO SAMAÍN

     Confeccionouse unha prezi para presentarlle a festa do Samaín ao alumnado. Nela víase cal era a orixe da festa, a que data se remontaba,...

MARCADORES DO SAMAÍN

     O alumnado do 6º nivel elaborou uns marcadores para os libros con fotos súas onde aparecían con algúns elementos de disfraces de medo: gorros de bruxas, perrucas, arañas...

DECORACIÓN PARA O SAMAÍN

     Decorouse o centro para a ocasión, con algunhas portas, entrada ao centro e corredores.

3.12.15

CABAZAS DECORADAS


ASASINATO EN CUARTO

   Na aula de 4º curso cometiuse un asasinato. A policía marcou a posición do cadáver. Non o credes? Pois mirade as fotos, que non minten.

FOTOS DISFRACES SAMAÍN 2015

   O alumnado do centro acudiu disfrazado á festa do Samaín. Con eses disfraces sacaron fotos diante do mural da entrada.


27.11.15

MURAL SAMAÍN

     Na entrada do colexio elaboramos un gran mural do samaín,

26.11.15

INVITACIÓN AO SAMAÍN

   Repartiuse entre o alumnado un recordatorio das actividades que se farían durante o samaín. Este tiña forma de ataúde.

UNIDADE DIDÁCTICA "OBRADOIRO DO MEDO"

     Desde o EDL do colexio elaboramos unha unidade didáctica que se repartiu a todo o profesorado, para que puidesen levar a cabo co alumnado aquelas actividades que estimaran convenientes.

23.11.14

PROCESIÓN DA SANTA COMPAÑA

O alumnado de 5º e 6º disfrazouse de Santa Compaña e percorreu o patio do centro entre as asustadas miradas dos mais pequechos.
 

 

ACENDIDO NOCTURNO DE CABAZAS

Pola noite acendéronse as cabazas no exterior do centro e nos corredores.

COMIDAS TERRORÍFICAS

A totalidade do alumnado do centro participou na elaboración dunhas comidas para a noite do Samaín. Entre outras cousas,1º ciclo preparou bebidas, 2º ciclo pizzas e 3º ciclo galletas.

DECORACIÓN DO COLEXIO PARA O SAMAÍN

Contamos coa colaboración da ANPA do centro que decorou a zona da entrada. O alumnado tamén elaborou pantasmas cos que ambientou esta data.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS DECORADAS

Exposición de cabazas.

 

MARCAPÁXINAS SAMAÍN

Elaboráronse estes aterradores marcapáxinas para as esquinas dos libros, con figuras aterradoras, que o alumnado debía colorear.
 

INVITACIÓN Á FESTA NOCTURNA DO SAMAÍN

   O convite á sesión nocturna do Samaín fíxose a través dunha silueta dun morcego, que ao abrir as súas ás, deixaba ver o programado.