O alumnado de 5º elaborou a seguinte presentación buscando información na galipedia. Coa mesma tamén se fixo un libro, que pasa a engrosar os fondos da nosa biblioteca.
O alumnado de 5º nivel procurou información sobre distintos científicos e científicas. Cada alumna/a buscou a información na galipedia dunha científica/o, elaborando unha diapositiva. Con todas fíxose unha presentación. As diapositivas expuxéronse nos corredores do centro.
A Semana da Ciencia en Galego, 2015, o alumnado de 6º nivel preparou e realizou experimentos científicos empregando alimentos. Despois cubriu unhas fichas coas que se elaborou un libro de experimentos, que pasou a formar parte dos fondos da Biblioteca do noso centro. Este é o libro:
O alumnado de sexto nivel preparou por parellas experimentos para a Semana da Ciencia en Galego. O nexo común de todos eles era o uso de alimentos. Despois realizáronos e explicáronllelos aos demais nenas e nenos do centro. Moitos deles eran moi chamativos, creando grande expectativa entre o público.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º preparou experimentos para realizalos diante do resto do alumnado, explicando o material necesario, o desenvolvemento do experimento e a explicación científica. Experimentos de aire, auga, electricidade estática... causaron asombro entre o resto do alumnado. Aquí podedes ver momentos de ditas sesións.
Para rematar coa Semana da Ciencia en Galego, o alumnado de 6º preparou unhas ilusións ópticas e catro sinxelos experimentos sobre o aire e a presión atmosférica. O venres 29 de novembro, realizou os experimentos ante o alumnado dos distintos ciclo do colexio, explicándoos.
O martes 12 de novembro, o alumnado do 2º e 3º ciclo participou na videoconferencia que organizou a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización. Foi a cargo de Marilar Alexandre e levaba por título "Benqueridos insectos". Nela o alumnado puido ter unha visión distinta dos insectos: variedade, utilidade, organización...