Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO COCIÑA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO COCIÑA. Amosar todas as publicacións

14.4.16

LIBRO DE VISITAS

     Ledicia Costas, coma o resto das autoras e autores que nos visitan, deixounos unha dedicatoria no libro de visitas. Foi esta:

AMADRIÑANDO UNHA ESTANTERÍA

     Ledicia Costas destapou a placa que dá o seu nome a unha estantería da nosa biblioteca.

ENTREGA DUN AGASALLO

     Fíxoselle un agasallo á escritora. Levaba unha das sobremesas da nosa cociñeira defunta. o noso compañeiro Carlos fixo a entrega.

ASINANDO LIBROS

     A autora ainou e dedicou os exemplares do alumnado.

MURAL VIDA E OBRA DE LEDICIA COSTAS

     Na entrada do centro colgouse un mural coa vida e obra da autora.

MURAIS ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

     Para a visita de tan insigne autora, elaboráronse varios murais. Aquí podedes ver tres que estaban na biblioteca, lugar da charla.

MARCADORES "ESMERALDINA, A NENA DEFUNTA"

     O alumnado de 6º nivel confeccionou uns marcadores sobre "Esmeraldina, a nena defunta". Trala lectura de "Escarlatina...", nenas e nenos de 6º leron este libro para preparar a visita da escritora ao noso centro. A continuación elaboraron uns marcadores.

FACENDO SOBREMESAS DE "ESCARLATINA, A..."

     O alumnado de 3º, 4º ,5º e 6º niveis leron o libro "Escarlatina, a cociñeira defunta". Para preparar a visita da súa autora, Ledicia Costas, elaboraron unha das sobremesas que figuraban no libro. Aqúi os podedes ver durante o proceso.

3.4.16

AGASALLO DO ALUMNADO DE 6º DO CEIP CESPÓN

     O alumnado de 6º nivel do CEIP Cespón (Boiro) fíxonos chegar un agasallo moi doce. Seguindo unha receita do libro "Escarlatina, a cociñeira defunta", os compañeiros de Cespón elaboraron uns saborosos doces, e tiveron a ambilidade de enviárnolos. Que ben sabían! MOITAS GRAZAA!!!

9.2.16

LIBRO "SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO 2015"

     A Semana da Ciencia en Galego, 2015, o alumnado de 6º nivel preparou e realizou experimentos científicos empregando alimentos. Despois cubriu unhas fichas coas que se elaborou un libro de experimentos, que pasou a formar parte dos fondos da Biblioteca do noso centro. Este é o libro:

22.1.16

RECEITAS DE COCIÑA

O EDL colabora co equipo da Biblioteca Escolar na confección dun díptico onde se explica ás familias en que consiste o proxecto do presente curso, así como no da confección dun caderniño onde o alumnado irá escribindo receitas de comidas galegas.