O alumnado de 4º curso preparou poemas de Manuel María, do seu libro Os soños na gaiola, a pequeno tamaño. Logo meteunos nunha gaiola e expúxose na entrada do centro. Aquí vedes o resultado.
Amosando publicacións coa etiqueta LETRAS GALEGAS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LETRAS GALEGAS b>. Amosar todas as publicacións
6.6.16
19.5.16
CANTANDO OS KARAOKES DE POEMAS DE MANUEL MARÍA
O alumnado cantou os karaokes sobre poemas de Manuel María musicados por Fuxan os ventos, Os Carunchos e Suso Vaamonde. Aquí podemos velos, na biblioteca, no momento de cantalos.
MURAL LETRAS GALEGAS
Como vén sendo habitual, polas Letras Galegas píntase un mural conmemorativo da data no exterior do centro. Nel incluímos unha caricatura, nome do autor/a e un pequeno texto. O encargado de facer este mural foi, coma sempre, o noso conserxe. GRAZAS, JOSÉ!!!
POEMAS NA ESCALEIRA
O alumnado do 3º ciclo pintou e copiou uns versos dun poema de Manuel María para colocar nas escaleiras da entrada do centro. O resultado foi moi vistoso.
TRIPANDO POEMAS
O alumnado do centro pegou en tamaño DIN-A3 poemas ou anacos dos mesmos de Manuel María, coa intención de que os vaian vendo e interiorizando a medida que pasan por onda eles. Aquí podedes ver como quedaron.
MURAL DO PRIMEIRO CICLO
Mural do 1º ciclo para o Día das Legras Galegas. A 1º e 2º correspondíalle elaborar un mural e fichas de traballo sobre o poema "O arco da vella". Este é o mural, que foi colocado no corredor, ao lado da aula de 2º. Nel o alumnado ten que "xogar" con distintas palabras que aparecen no poema. As pezas están suxeitas con velcro.
NORABOA AOS COMPAÑEIROS/AS DE 1º E 2º POR ESTE ESTUPENDO TRABALLO!
11.5.16
O CARRO
Para complementar a información sobre o carro, o terceiro ciclo colocou na entrada un carro a tamaño reducido. Nel aparece sentado Manuel María. As diferentes partes do carro teñen posto o seu nome. GRAZAS AO AVÓ DE GABRIEL (4º) POR ESTE FERMOSO CARRO!!
MURAL LETRAS GALEGAS
Mural do 2º ciclo para o Día das Legras Galegas. A 3º e 4º correspondíalle elaborar un mural e fichas de traballo sobre o poema "Galicia". Este é o mural, que foi colocado no corredor entre as aulas de música e inglés. Nel o alumnado ten que "xogar" con distintas palabras que aparecen no poema, así como con datos sobre Galicia. As pezas están suxeitas con velcro.
NORABOA AOS COMPAÑEIROS/AS DE 3º E 4º POR ESTE ESTUPENDO TRABALLO!
NORABOA AOS COMPAÑEIROS/AS DE 3º E 4º POR ESTE ESTUPENDO TRABALLO!
MURAIS LETRAS GALEGAS
Mural do 3º ciclo para o Día das Legras Galegas. A 5º e 6º correspondíalle elaborar un mural e fichas de traballo sobre o poema "O carro". Este é o mural, que foi colocado á entrada do centro. Nel o alumnado ten que colocar o nome a diferentes partes do carro, que están suxeitas con velcro.
7.5.16
5.4.16
KARAOKE "O CARRO"
O EDL do noso centro, xunto co do CEIP Cespón elaboraron un karaoke sobre a canción de Fuxan os Ventos na que musica este poema de Manuel María.
Karaoke "O carro" from Félix Pimentel Tubío on Vimeo.
4.4.16
KARAOKE "O ARCO DA VELLA"
O EDL do noso centro, xunto co do CEIP Cespón elaboraron un karaoke sobre a canción de Suso Vaamonde na que musica este poema de Manuel María, contido no libro "Os soños na gaiola"
30.5.15
BAILANDO CON PACO NOGUEIRAS
Grazas ao Concello, asistimos a unha actuación de Paco Nogueiras, que resultou do máis divertida e amena. Aquí vos deixo un baile onde unha alumna de 1º, Aldara, axudou ao artista. Dous artistazas!!!
MURAL EXTERIOR
Este curso decidimos repintar na parte traseira do colexio un dos murais antigos, que fora perdendo color. Trátase do mural de Celso Emilio Ferreiro. Grazas, como non, a José, autor material do mural!
MAPA DAS LETRAS GALEGAS
Na entrada do centro colocouse un gran mural coas caricaturas, nomes e ano no que se lles concedeu o Día das Letras Galegas. Nel participou a totalidade do alumnado do centro.
FICHAS DAS LETRAS GALEGAS
O alumnado dos distintos niveis saiu ao patio coas fichas, para completalas mirando os murais que temos pintados no centro. De xeito lúdico, foron aprendendo nomes dos autores, frases e pensamentos seus...
16.5.15
14.5.15
FICHA LETRAS GALEGAS
Este curso traballaremos os autores/as dos que temos murais no exterior do colexio. Elaboramos dúas fichas, con diferentes niveis.
4.6.14
DÍPTICO SOBRE DÍAZ CASTRO
A coordinadora de ENDL do Barbanza, da que formamos parte, elaborou un díptico sobre a figura do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
O resultado final saiu de xuntar as aportacións de varios centros de primaria e secundaria da zona.
Dip diaz castro from Fiz
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











