20.1.11

VISITA Á RESIDENCIA DE MAIORES

Como en anos pasados, o alumnado do centro acudíu en vésperas das festas de Nadal á Residencia de Maiores a cantar panxoliñas. Este ano o alumnado encargado da actuación foi o alumnado de 5º. Cantaron 4 panxoliñas (acompañados con pandeiretas) e unha canción galega. De dúas das cancións proxectouse unha versión en karaoke. Nenas e nenos quedaron moi contentos. Trala actuación tomaron algo de comer e beber. Dende aquí queremos dar as grazas aos maiores e persoal da residencia. Ata o ano!

Ningún comentario:

Publicar un comentario