29.12.16

VISITA AO CENTRO DE MAIORES

   Coma noutros anos, alumnado de 5º e dúas alumnas de 6º nivel foron cantarlle panxoliñas ao Centro da Terceira Idade de Pobra. Este curso tamén estaban os usuarios do centro de día. Ofreceron un concerto de 6 obras, a maior parte delas panxoliñas, tras ensaiar coa profesora de música, Mari.
   Tamén levaron postais confeccionadas por gran parte do alumnado do centro para os maiores. Foi unha xornada moi emotiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario